viernes, 9 de enero de 2009

Recorre a parroquia de Bazar en dirección SO, vánselle agregando pequenos regos entre eles o Regueira. Logo recorre a parroquia de Castriz onde recibe as augas do afluente máis importante, o Mira, pola dereita. Este porta auga procedente da lagoa de Alcaián e no seu cauce máis baixo recibe auga do río Esternade e desembocan no Xallas. Ambos ríos nacen no concello de Coristanco (Comarca de Bergantiños).

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Nacemento do río Xallas

A maioria dos datos que temos coinciden en que o río Xallas nace no concello de Santa Comba no chamado Monte Castelo, pola confluéncia de tres pequenos ríos: o Castiñeiras, o Bazar e o Vilamaior a uns 440 metros de altura.

Por outra banda hai outra versión que di que nace a unha altitude de 411 metros de altitude nas seguintes coordenadas: 43º 04´ 28´´de latitude norte, 8º 42´22´´ de lonxitude oeste.

Como podedes comprovar son varias as teorías sobre o nacemento do río Xallas, hai máis pero parecennos máis coherentes estas dúas a parte de que contrastamos a información e son varias persoas e persoeiros que coinciden.

De todos xeitos un fin de semana decidimos ir na procura do nacemento do río pero foinos completamente imposible atopalo. Preguntamos a varios veciños da zona que nos comentaron máis ou menos onde se atopaba o nacemento do río. Dirixímonos alí e atopámonos con que o acceso era completamente imposible debido á maleza que había no lugar; e ademáis ninguén sabia concretamente o lugar, todos coincidían no Monte Castelo pero ninguén coñecía o sitio concreto.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Praia de Esmorode


Outra praia fluvial ,das dúas cas que conta o río Xallas ó seu paso por Santa Comba, é a de Esmorode. Atópase na parroquia de Alón. Ésta praia está mellor conservada e coidada que a de San Salvador. Conta cun amplo aparcadoiro, e unhas escaleira que conducen dende dito aparcadoiro ata o merendeiro, é un merendeiro de grandes dimensións, dotado de mesas e asentos de pedra,catro barbacoas, uns servicios que en época de verán tamén son empregados coma vestiarios, unha fonte de auga potable.
Esta praia conta cunha pequena zona de area, baixando do aparcadoiro á esquerda pegada á ponte que é empregada como acceso á auga, aínda que tamén conta cun par de escaleira ó igual que a de San Salvador.
Á dereita da praia hai unha pequena presa que atravesa todo o río, no inverno está aberta pero no verán tápiase para que suba máis o nivel da auga e mellorar o baño.
Como aspecto negativo desta praia, imos criticar dous vertidos de xurro, que se poden observar dende o merendeiro da praia, das fincas que hai enfronte desta, e que aparte de ser un problema de contaminación é un problema estético para a xente que acode alí.
A vexetación é a tipica de ribeira: Ameniro (Alnus glutinosa), Bidueiro (Betula alba),Sauce chorón (Salix babilonica)... ; ademáis no merendeiro hai especies coma o Plátano de sombra (Platanus x hibrida), Carballo Americano (Quercus rubra), Carballo do país (Quercus robur)...


Praia de San Salvador


Un pouco máis abaixo na parroquia de Padreiro (St. Comba) na aldea de San Salvador hai unha praia fluvial que recibe o nome da mesma aldea. Dita praia conta cun pequeno merendeiro. Está dividida en dous por unha lado, vindo da aldea de San Salvador á esquerda da ponte, está a parte da praia máis “adaptada” ó baño. Conta cunha pequena praia artificial de area de canteira. Ó outro lado temos o merendeiro, atópase baixo unha carballeira (Quercus robur), conta cunhas cantas mesas e asentos de pedra, unha barbacoa cuberta,etc.Tamén ten unha pequena escaleira que baixa dende o merendeiro ata a auga. Desta beira recibe augas do río Amarelle. É unha boa zona para pasar un rato tranquilo e disfrutar da natureza, así como realizar comidas, merendas...
A vexetación de galería máis abundante é: Ameniro (Alnus glutinosa), Bidueiro (Betula alba),Sauce chorón (Salix babilonica),Piñeiro americano (Pinus radiata),Salgueiro (Salix atrocinerea), Silvas (Rubus sp.), etc.

martes, 18 de noviembre de 2008

Introdución ó río Xallas

En primeiro lugar gustaríanos comentar que é pouca a información ( e en ocasións errónea) que aporta a administración sobre o río Xallas e a comarca que leva o mesmo nome. Xa foron varios os historiadores,escritores e demáis os que indagaron sobre este río e a súa comarca.O río xallas é un pequeno río do noroeste de Galicia situado na provincia da Coruña.Ten 65 km de longo,posúe unha cunca de 504 km2,un caudal de entre 41.512 e 3.434 litros de auga por segundo e tamén posúe un gran desnivel sobre todo no seu último tramo. Este desnivel é aproveitado por diferentes centrais hidroeléctricas, seis en concreto, que producen 133.000 kw de potencia

lunes, 17 de noviembre de 2008

Introducción ó río Xallas

En primeiro lugar gustaríanos comentar que é pouca a información ( e en ocasións errónea) que aporta a administración sobre o río Xallas e a comarca que leva o mesmo nome pero xa foron varios os historiadores,escritores e demáis xente os que indagaron sobre este río e a súa comarca.O río xallas é un pequeno río do noroeste de Galicia situado na provincia da Coruña.Este río ten 65 km de longo,posúe unha cunca de 504 km2,un caudal de entre 41.512 e 3.434 litros de auga por segundo e tamén posúe un gran desnivel sobre todo no seu último tramo, este desnivel é aproveitado por diferentes centrais hidroeléctricas, seis en concreto, que producen 133.000 kw de potencia.Nace no concello de Santa Comba no chamado Monte Castelo pola confluencia de tres pequenos ríos, o Castiñeiras, o Bazar e o Vilamaior (máis adiante veremos que non tódo-los que investigaron sobre o nacemento do río Xallas están dacordo con isto,a verdade é que comezamos fai pouco este traballo pero xa nos decatamos que sobre o nacemento do Xallas hai discrepancias), recorre a parroquia de Bazar en dirección SO e vánselle agregando pequenos regos entre eles o Regueira. O primeiro afluente importante que recibe é o Mira pola dereita, que porta auga procedente da lagoa de Alcaián e que no seu cauce máis abaixo recibe aguas do río Esternande, ambos nacen no concello de Coristanco (Comarca de Bergantiños) e únense ó Xallas á altura do lugar de Castriz (Santa Comba). Cauce abaixo recibe auga dos ríos Guisande, Vilar, García e Abuín. Cando o Xallas se adentra no concello de Mazaricos recibe auga dos ríos Barbeira, Maroñas, Beba, Mazaricos e Arcos e cando se adentra no concello de Dumbría aflúen nel os ríos Hospital e Clemente.
Fontes:• Xallas.Teoría da existencia(Lois Oreiro)• Os ríos galegos.Morfoloxía e réxime (Francisco Javier Río e Francisco Rodríguez Lestegás)• Instituto Geográfico Nacional de España• Wikipedia

miércoles, 15 de octubre de 2008

Esquema do río Xallas


Neste proxecto temos pensado tratar todos os puntos citados na marxe dereita (Índice), pero pode haber algún tipo de modificación, pdense aumentar ou disminuir os puntos, cambialos de orde, etc.