miércoles, 15 de octubre de 2008

Esquema do río Xallas


Neste proxecto temos pensado tratar todos os puntos citados na marxe dereita (Índice), pero pode haber algún tipo de modificación, pdense aumentar ou disminuir os puntos, cambialos de orde, etc.

Presentación



Nós, Francisco Romar e Rocío Torreira,imos enfocar o noso proxecto cara a investigación da cunca do río Xallas, ó seu paso polos concellos de: Mazaricos, Santa Comba, Zas, Carnota e Dumbría e curiosidades destes lugares. Centrarémonos un pouco máis no concello de Santa Comba, xa que é o máis próximo a nos e o que máis nos gustaría promocionar. O río Xallas ata finais do s. XX foi o único río de Europa que desembocaba en catarata no Ézaro, pero dende que fixeron o encoro de St. Uxia aflúe aó mar por tubos, xa que deste xeito poden aproveitar a forza da auga para crear enerxía eléctrica. Esperamos que vos guste o noso traballo e non vos aburra.