lunes, 17 de noviembre de 2008

Introducción ó río Xallas

En primeiro lugar gustaríanos comentar que é pouca a información ( e en ocasións errónea) que aporta a administración sobre o río Xallas e a comarca que leva o mesmo nome pero xa foron varios os historiadores,escritores e demáis xente os que indagaron sobre este río e a súa comarca.O río xallas é un pequeno río do noroeste de Galicia situado na provincia da Coruña.Este río ten 65 km de longo,posúe unha cunca de 504 km2,un caudal de entre 41.512 e 3.434 litros de auga por segundo e tamén posúe un gran desnivel sobre todo no seu último tramo, este desnivel é aproveitado por diferentes centrais hidroeléctricas, seis en concreto, que producen 133.000 kw de potencia.Nace no concello de Santa Comba no chamado Monte Castelo pola confluencia de tres pequenos ríos, o Castiñeiras, o Bazar e o Vilamaior (máis adiante veremos que non tódo-los que investigaron sobre o nacemento do río Xallas están dacordo con isto,a verdade é que comezamos fai pouco este traballo pero xa nos decatamos que sobre o nacemento do Xallas hai discrepancias), recorre a parroquia de Bazar en dirección SO e vánselle agregando pequenos regos entre eles o Regueira. O primeiro afluente importante que recibe é o Mira pola dereita, que porta auga procedente da lagoa de Alcaián e que no seu cauce máis abaixo recibe aguas do río Esternande, ambos nacen no concello de Coristanco (Comarca de Bergantiños) e únense ó Xallas á altura do lugar de Castriz (Santa Comba). Cauce abaixo recibe auga dos ríos Guisande, Vilar, García e Abuín. Cando o Xallas se adentra no concello de Mazaricos recibe auga dos ríos Barbeira, Maroñas, Beba, Mazaricos e Arcos e cando se adentra no concello de Dumbría aflúen nel os ríos Hospital e Clemente.
Fontes:• Xallas.Teoría da existencia(Lois Oreiro)• Os ríos galegos.Morfoloxía e réxime (Francisco Javier Río e Francisco Rodríguez Lestegás)• Instituto Geográfico Nacional de España• Wikipedia

0 comentarios: